Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de marzo de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 15 de decembro de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2014-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación a) dunha edificación de planta baixa e forma rectangular con cuberta a unha auga, con fachadas de táboas de madeira, con dúas portas de madeira e fiestras do mesmo material con cortinas decorativas interiores, b) dunha estrutura cuberta de madeira de planta baixa e forma sensiblemente cadrada, con cuberta a catro augas de lousa e con mesa e bancos de madeira, c) doutra estrutura de madeira de planta baixa e cuberta a unha auga situada ao carón do peche, e na construción a) dunha soleira de pedra, b) dunha soleira pavimentada para aparcadoiro de vehículos, que conforman un conxunto cuxas características son propias dun uso residencial, situadas no lugar do Regueiro, parroquia de San Martiño de Ombreiro, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Delio Cabado Viña, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística