Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de inicio de extinción da concesión do parque de cultivo do lugar de punta Lodeiro, na marxe esquerda do río Anllóns, Cabana de Bergantiños, A Coruña.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar situada na rúa Ramón y Cajal, nº 2, andar 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 23 de marzo de 2015

P.D. (Resolución do 24 de xullo de 2013)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar

ANEXO

Expediente: de inicio de extinción da concesión do parque de cultivo do lugar de punta Lodeiro.

Interesada: Ramón Pose e Hijos, S.L.

Representante: Antonio López Pizarro y Vilar.

Enderezo: peirao de San Diego, 15006 A Coruña.

Acto notificado: resolución de inicio do procedemento de extinción da concesión.