Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 8 de abril de 2015 Páx. 13494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña), aprobado o 16 de decembro de 2003.

De conformidade co disposto nos artigos 59 (números 2 e 5) e 61, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 23 de marzo de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

O expediente que se notifica é a Resolución do 16 de outubro de 2014 do secretario xeral do Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Apelidos e nome

Manuel Chans Murias