Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12814

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3024/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3024/2013 (-FF-)

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 53/2012 Xulgado do Social número 2 de Lugo

Avogada: María Teresa Souto Neira

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Recorridos: Fogasa, Transportes Valcárcel, S.A., Rocío López Núñez, José Díaz Valcárcel, Gentina, S.A., Onte, S.A., Tableval, S.A., Sarriana de Maderas, S.A., administración concursal Gentina, S.A. (Manuel Víctor Sánchez López), administración concursal Onte, S.A. (Andrés Manuel Caso Martínez), administración concursal Transportes Valcárcel, S.A. (Julio Rafael Fernández Maestre)

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3024/2013 desta sección, seguido por instancia de José Parga Vieito, Luis Parga Vieito, Alfredo López López, María Jesús Varela Real, Óscar Gallego Casanova, Ana Belén González Rodríguez e Rocío López Núñez contra José Díaz Valcárcel, Transportes Valcárcel, S.A., Gentina, S.A., Onte, S.A., Tableval, S.A., Sarriana de Maderas, S.A., Manuel Víctor Sánchez (administrador concursal de Gentina, S.A.), Andrés Manuel Caso Martínez (administrador concursal de Onte, S.A.), Julio Rafael Fernández Maestre (que foi administrador concursal de Transportes Valcárcel, S.A.) e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada María Teresa Souto Neira, en nome e representación de José Parga Vieito, Luis Parga Vieito, Alfredo López López, Rocío López Núñez, María Jesús Varela Real, Óscar Gallego Casanova e Ana Belén González Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Lugo, en data vinte e catro de maio de dous mil trece, en autos seguidos por instancia dos recorrentes fronte a José Díaz Valcárcel, a empresa Transportes Valcárcel, S.A., Julio Rafael Fernández Maestre, quen foi administrador concursal da empresa Transportes Valcárcel, S.A., a empresa Gentina, S.A., Manuel Víctor Sánchez López, administrador concursal da empresa Gentina, S.A., a empresa Onte, S.A., Andrés Manuel Caso Martínez, administrador concursal da empresa Onte, S.A., a empresa Tableval, S.A. e a empresa Sarriana de Maderas, S.A., sobre cantidade, nos cales foi parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos declarar e declaramos que a competencia para coñecer sobre a totalidade das pretensións formuladas na presente litis é da xurisdición social, e declaramos a nulidade da sentenza e ordenamos a devolución as actuacións ao xulgado de procedencia, co fin de que a xuíza a quo e con total liberdade de criterio, dite nova sentenza onde entre a coñecer sobre o fondo do asunto en todas as pretensións formuladas, facendo constar no correspondente relato dos feitos que considere probados a totalidade dos necesarios para a axeitada resolución da litis.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Transportes Valcárcel, S.A., Gentina, S.A., Onte, S.A., Tableval, S.A. e Sarriana de Maderas, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial