Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12817

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (417/2014).

Divorcio contencioso 417/2014

Sentenza 18/2015

En Ferrol o 20 de xaneiro de 2014.

Ana Barral Picado, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, vistos os autos correspondentes ao divorcio contencioso seguido co número referenciado á marxe por instancia de María Elena San Martín García, representada pola procuradora Sra. García García e baixo a dirección letrada de María Susana Grande, contra Ricardo Morales Fundora, en rebeldía procesual, dita a presente sobre a base dos seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Ante este xulgado foi remitida demanda de divorcio contencioso promovida por María Elena San Martín García contra Ricardo Morales Fundora, en que se solicita que se acorde a disolución do matrimonio por divorcio dos esposos cos pronunciamentos legais inherentes a tal declaración.

Segundo. Admitida a trámite, deuse traslado ao demandado, emprazándoo para que conteste, e foi declarada a súa rebeldía procesual mediante resolución notificada en forma que citaba as partes á celebración de xuízo.

Terceiro. Na tramitación deste xuízo observáronse as prescricións legais.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 86 do CC sinala que se decretará xudicialmente o divorcio, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio, por petición dun só dos cónxuxes, de ambos os dous ou dun co consentimento do outro, cando concorran os requisitos e circunstancias exixidos no artigo 81. A norma dispón que se decretará xudicialmente a separación, calquera que sexa a forma de celebración do matrimonio: 1.º Por petición de ambos os cónxuxes ou dun co consentimento do outro, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Á demanda xuntarase unha proposta de convenio regulador redactada conforme o artigo 90 deste código. 2.º Por petición dun só dos cónxuxes, unha vez transcorridos tres meses desde a celebración do matrimonio. Non será preciso o transcurso deste prazo para a interposición da demanda cando se acredite a existencia dun risco para a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou liberdade e indemnidade sexual do cónxuxe demandante ou dos fillos de ambos os dous ou de calquera dos membros do matrimonio.

Á demanda xuntarase proposta fundada das medidas que deban regular os efectos derivados da separación.

Sobre a base do anterior e resultando de autos o cumprimento de cantos requisitos son exixidos legalmente, procede declarar a disolución do matrimonio por causa de divorcio, cos efectos inherentes á anterior declaración desde a presentación da demanda:

1º. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

2º. Quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes tivese outorgado ao outro. Así mesmo, salvo pacto en contrario, cesa a posibilidade de vincular os bens privativos do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

3º. Declárase a disolución do réxime económico matrimonial de sociedade ganancial (artigo 95 do CC).

Para estes efectos, calquera das partes poderá instar a oportuna anotación no Rexistro Civil e, se é o caso, nos da propiedade e mercantil.

Segundo. Non procede a condena en custas, debendo satisfacer cada parte as causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Vistos os anteriores preceptos legais e demais de xeral e pertinente aplicación

Parte dispositiva.

Que, admitindo parcialmente a demanda promovida por María Elena San Martín García, representada pola procuradora Sra. García García, contra Ricardo Morales Fundora, en rebeldía procesual, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio por divorcio dos esposos cos pronunciamentos legais inherentes a tal declaración.

Non procede a condena en custas.

Notifíquese ás partes con advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe recurso de apelación.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe despois de celebrarse audiencia pública no día da súa data. Dou fe.