Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12822

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO de auto de aclaración (417/2014).

Divorcio contencioso 417/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: María Elena San Martín García

Procuradora: Consuelo García García

Avogada: María Susana Grande Casado

Demandado: Ricardo Morales Fundora

Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Barral Picado.

Ferrol, 9 de febreiro de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. No presente procedemento ditouse sentenza que foi notificada ás partes litigantes, despois de solicitar a procuradora Sra. García García aclaración desta.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 214.1 da LAC establece que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan. As aclaracións poderá facelas, segundo establece o número 2 do mesmo precepto, de oficio, o tribunal ou secretario xudicial, segundo corresponda, dentro dos dous días seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, sendo neste caso resolta por quen ditou a resolución de que se trate dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Segundo. No presente caso a petición foi formulada dentro de prazo e considérase procedente acceder a facela.

Parte dispositiva:

Acordo estimar a petición formulada pola procuradora Sra. García na representación acreditada en autos e corrixir a sentenza ditada no presente procedemento, no sentido que se indica:

A estimación da demanda é íntegra e as comunicacións ao rexistro civil débense levar a cabo de oficio.

Modo de impugnación: contra esta resolución non caberá recurso ningún, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda a súa señoría, dou fe.

A maxistrada xuíza O/a secretario/a xudicial