Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12575

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (295/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 295/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Clotilde Pias Couso contra Marina Ponche Santasmarinas e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse decreto número 117/2015, do 23 de febreiro, declarando a insolvencia parcial da executada Marina Ponte Santasmarinas, que acadou carácter de firmeza e cuxa parte dispositiva é do seguinte tenor literal:

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar á executada Marina Ponche Santasmarinas en situación de insolvencia parcial por importe de 70.300,25 euros de principal (63.073,26 euros de indemnización máis 6.974,75 euros de cantidades debidas máis 252,24 euros de xuros do artigo 29.3 do ET) e 7.039,65 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ao tratarse dunha persoa física.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso”, seguida de “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para efectos de dar a preceptiva publicidade á declaración de insolvencia da executada, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

A secretaria xudicial