Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12577

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1159/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1159/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Covadonga Marín Durán contra Mr Gold, S.L., e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza nº 60, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 1159/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Covadonga Marín Durán, asistida polo letrado Antonio Francisco Millán Calenti, contra Mr Gold, S.L. e Fogasa, que non comparecen, pronunciou a seguinte sentenza.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Covadonga Marín Durán contra Mr. Gold, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a pagar á demandante 3.156,66 euros en concepto de principal, máis 272,10 euros en concepto de xuros. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Considérase que a parte demandante desiste da cantidade reclamada na demanda en concepto de indemnización por despedimento.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mr Gold, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

A secretaria xudicial