Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2015 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre viveiros de cultivos mariños.

Visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre viveiros, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 19 de enero de 2015, Mª Elena Marcos Gil (76812209- Y) e Manuel Portela García (35911639-Z) en nome e representación de Mejillones Pilo, S.L. (B36182954) solicitaron permiso para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas J.A.R. I e J.P. I.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos dos viveiros.

b) Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, de pesca de Galicia, e a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coas especialidades previstas na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83).

Vistos os antecedentes citados e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería resolve outorgarlle a Mª Elena Marcos Gil (76812209-Y) e a Mejillones Pilo, S.L. (B36182954) autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: J.A.R. I.

Especies: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 2.

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Titular: Mª Elena Marcos Gil (76812209-Y).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Subtipo: batea.

Nome: J.P. I.

Especies: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 72.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Titular: Mejillones Pilo, S.L. (B36182954).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícase a localización dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: J.A.R. I.

Localización: cuadrícula nº 7.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Subtipo: batea.

Nome: J.P. I.

Localización: cuadrícula nº 2.

Polígono: C.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se leve a cabo a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á Xefatura de Coordinación da Área do Mar Vigo da Consellería do Medio Rural e do Mar, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun (1) mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous (2) meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 10/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 18 de febreiro de 2015

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar de Vigo