Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2015 pola que se anuncia contratación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, do contrato administrativo especial para a explotación do servizo de cafetaría no centro Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa (expediente 19/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: explotación e xestión da cafetaría do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

c) Prazo de execución: dous (2) anos.

d) Admisión de prórroga: si, por períodos anuais cun máximo de dous (2) anos.

e) CPV: 55330000-2 e 55300000-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables de xeito automático, recollidos na letra M do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Canon mínimo de licitación: 60 € ao ano.

5. Valor estimado do contrato: 97.680 €.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificación.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: pola contía do canon ofertado para os dous anos de vixencia do contrato.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44/981 54 57 37 (consultas administrativas) 981 52 71 01 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22207

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 24 de abril de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar