Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (234/2013).

Execución de títulos xudiciais 234/2013

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 50/2013

Sobre: ordinario

Demandantes: Sergio José Barreiro Pires, Antonio Otero Chenel, Jesús Plácido Suárez Villaverde, María del Carmen Canedo Traba, José Penas Iñiguez, Javier Miras Gómez, Victoria Martínez Lago, José Manuel Vaamonde Villasenín

Avogados: (…), Rosa María Martínez Ferreiro, Manuel López Núñez, Manuel López Núñez, Manuel López Núñez, Manuel López Núñez, (...), Manuel López Núñez

Demandado: APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 234/2013 e acumuladas deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio José Barreiro Pires, Antonio Otero Chenel, Jesús Plácido Suárez Villaverde, María del Carmen Canedo Traba, José Penas Iñiguez, Javier Miras Gómez, Victoria Martínez Lago, José Manuel Vaamonde Villasenín contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. sobre ordinario, se ditou decreto en data 10 de marzo de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. en situación de insolvencia parcial por importe de 274.321,88 euros en concepto de principal [(9.051,59 euros + 488,86 euros de xuros de mora) de Jesús Plácido Suárez Villaverde + (36.382,90 euros de indemnización + 8.238,46 euros pagas extras do ano 2012, mensualidades de agosto de 2012 o 15 de febreiro de 2013 e parte proporcional de pagas extras do ano 2013 e vacacións do ano 2013) de Sergio José Barreiro Pires + (45.569,65 € indemnización + 7.524,6 € salarios) de José Manuel Vaamonde Villasenín + (19.823,55 € indemnización + 10.247,53 € salarios e liquidación por vacacións + 4.308,65 € salarios de tramitación) de Victoria Martínez Lago + 19.740,32 euros de principal de Javier Miras Gómez + (7.697,18 € indemnización +10.345,24 € salarios) de José Penas Iñiguez + 61.288,65 euros de principal de María del Carmen Canedo Traba + 33.614,7 euros de principal de Antonio Otero Chenel], máis 27.440,65 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, máis 200 euros de honorarios das letrados das partes executantes, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e testemuño á presente execución.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 00493569920005001274 no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguida do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a APV Motor S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de compostela, 10 de marzo de 2015

A secretaria xudicial