Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12584

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1041/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 1041/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Vázquez Teo, contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. sobre ordinario, se ditou auto con data do 24 de febreiro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño a acumulación deste procedemento de despedimento ao procedemento de extinción contractual nº 1041/2014 seguido ante este xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa o presente no libro de asuntos xerais, mantendo o sinalamento para o axuizamento conxunto de ambos os procedementos o día 6 de abril de 2015 ás 9.10 e 9.15 horas.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, levándose o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

A secretaria xudicial