Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12409

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 878/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 878/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro contra Alfonso Balo Silva, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou sentenza nº 57 cuxos encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada-xuíza en Comisión de Servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 878/2014, seguidos por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro, representada e asistida pola letrada Sra. Goimil Martínez, contra Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, con intervención do Ministerio Fiscal, sobre despedimento.

(…)

Resolvo que debo estimar a demanda presentada por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro, representada e asistida pola letrada Sra. Goimil Martínez, contra Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul e o Fogasa, que non comparecen malia estaren debidamente citados, con intervención do Ministerio Fiscal, sobre despedimento e, en consecuencia, declaro a nulidade do despedimento con efectos do 20.9.2014, con condena da demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 21,27 €/día), desde a data do despedimento ata a data da efectiva reincorporación.

Condeno, así mesmo, a empresa a lle aboar á demandante a cantidade de 905,6 euros en concepto de liquidación.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Non procede remitir o testemuño á Fiscalía solicitado pola demandante, sen prexuízo das accións que esta poida exercer se o considera oportuno ante os xulgados de instrución.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfonso Balo Silva, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

A secretaria xudicial