Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (797/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 797/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Jesús del Buey Touriño contra Limpiezas Secope, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza nº 58, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo número 979/2014, acumulado 1015/2014, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade e despedimento obxectivo individual, seguidos por instancia de Víctor Jesús del Buey Touriño, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra Limpiezas Secope, S.A. que, debidamente citada, non compareceu, e contra o Fogasa, que non compareceu ao acto do xuízo oral, en virtude das facultados que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base nos seguintes:

(…)

Resolvo.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Víctor Jesús del Buey Touriño contra Limpiezas Secope, S.A. e Fogasa e, en consecuencia, declaro:

– A extinción da relación laboral que une as partes na data desta resolución.

– A improcedencia do despedimento efectuado pola demandada Limpiezas Secope, S.A.

– Condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 14.090,22 euros en concepto de indemnización, ao non ser posible a readmisión por peche da empresa.

– Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da extinción da relación laboral, que se produce no día de hoxe por medio desta sentenza, a razón de 44,66 euros diarios, descontado o tempo en que se encontraba en situación de IT.

– Condeno a demandada ao aboamento de 4.981,41 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre dita cantidade.

– Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes desta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

A secretaria xudicial