Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12327

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 13 de marzo de 2015 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Pontedeva.

O Concello de Pontedeva remite o Plan xeral de ordenación municipal para a súa aprobación definitiva, conforme o artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Logo de analizar o expediente administrativo e os documentos que integran o PXOM de Pontedeva, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mediante a Orde do 19 de xaneiro pasado acordou, de conformidade co establecido no artigo 85.7.b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, non outorgar a aprobación definitiva do PXOM do Concello de Pontedeva e formular unha serie de observacións que se deben cumprir.

O Pleno do Concello de Pontedeva adoptou, o do 7.2.2015, acordo de aprobación provisional do documento corrixido do PXOM, que incorpora as modificacións introducidas neste de resultas da Orde CMATI do 19.1.2015.

O concello remite con data 10.2.2015 documento corrixido do PXOM, en solicitude da súa aprobación definitiva, e xunta informe favorable da Axencia Galega de Infraestruturas de data 20.2.2015, en relación coas estradas de competencia autonómica.

II. Análise e consideracións.

Analizado o expediente administrativo e os documentos que integran o Plan xeral de ordenación municipal de Pontedeva, púidose comprobar que se corrixiron as deficiencias sinaladas na orde emitida por esta Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 19.1.2015.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal de Pontedeva, de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

2. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

3. Notifíqueselle esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

4. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontedeva, 13 de marzo de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas