Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12323

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 27 de marzo de 2015 pola que se amplía a dotación económica da Orde do 24 de novembro de 2014 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

Mediante a Orde do 24 de novembro de 2014 reguláronse os criterios de repartición e establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 230, do 1 de decembro).

Esta orde tramitouse como expediente anticipado de gasto de acordo coa Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, e co establecido no proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, aprobado polo Consello da Xunta na súa reunión do 17 de outubro de 2014, na cal se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

No actual exercicio orzamentario produciuse unha incorporación de crédito procedente de exercicios anteriores, cuxa distribución cómpre regular, co fin de permitir o cumprimento da normativa de aplicación ao canon eólico como ingreso afectado que debe xestionarse a través do Fondo de Compensación Ambiental e, asemade, co fin de poder executar o mandato legal de aplicar os ingresos derivados do canon eólico á finalidade determinada na orde anual distribuidora do Fondo, segundo determina o artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (DOG núm. 252, do 29 de decembro).

A Orde do 24 de novembro de 2014, no seu artigo 2, prevé a posibilidade de ampliación de crédito na liña en concorrencia competitiva de se producir incorporacións de saldos de crédito do orzamento 2014. Este suposto está tamén expresamente recollido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, dentro da liña en concorrencia competitiva, faranse efectivas con cargo ás aplicacións orzamentarias 05.23.141A.461.0 e 05.23.141A.761.0 ata unha contía máxima de 875.000,00 euros en cada unha delas. Nestas mesmas aplicacións orzamentarias e no mesmo código de proxecto existe crédito dispoñible proveniente dunha incorporación de crédito de exercicios anteriores.

Considérase que parte deste crédito incorporado é susceptible de aplicarse para o financiamento da convocatoria de subvencións que nos ocupa, polo que se pretende o incremento da dotación orzamentaria de referencia a través do suposto previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, recollido expresamente no artigo 2.1.b) da Orde do 24 de novembro de 2014.

De conformidade cos devanditos preceptos regulamentarios, o órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Por outra banda, preténdese incrementar a dotación orzamentaria do proxecto denominado «Outras actuacións do Fondo de Compensación Ambiental», previsto no artigo 2.1.c) da Orde do 24 de novembro de 2014, que ten como destino o financiamento de actuacións específicas de protección do ambiente, incluídas aquelas que teñan por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou de risco, en consonancia co artigo 25.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

En consecuencia co exposto, de acordo coa Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, co Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, co Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións, e co disposto na Orde do 24 de novembro de 2014 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida,

Dispoño:

Artigo 1

1. Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar a liña en concorrencia competitiva das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, que se establece no artigo 2.a) e no artigo 13 da Orde do 24 de novembro de 2014 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida.

2. O incremento da dotación será de 49.119,90 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.461.0 e de 530.071,89 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.23.141A.761.0, ambas as dúas consignadas no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

A contía máxima das subvencións que se concedan na liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015 queda así establecida en 2.329.191,79 €.

3. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 19.5 da Orde do 24 de novembro de 2014 para a presentación de solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Artigo 2

A distribución entre créditos orzamentarios da cantidade total destinada a financiar a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, nas liñas en concorrencia competitiva e non competitiva, queda establecida nas seguintes contías:

Descrición

05.23.141A.461.0

05.23.141A.761.0

Totais por liña

Liña en concorrencia non competitiva (artigo 3.1.a)

3.307.587,00 €

3.307.587,00 €

6.615.174,00 €

Liña en concorrencia competitiva (artigo 3.1.b)

924.119,90 €

1.405.071,89 €

2.329.191,79 €

Totais por aplicación orzamentaria

4.231.706,90 €

4.712.658,89 €

8.944.365,79 €

Artigo 3

O importe do crédito destinado ao proxecto denominado «Outras actuacións do Fondo de Compensación Ambiental», recollido no artigo 2.1.c) da Orde do 24 de novembro de 2014 e dotado orzamentariamente na aplicación 05.23.141A.761.1 (CP 2015 00168) do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, increméntase en 250.000,00 €.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza