Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (725/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 725/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops (MC Mutual) contra Recursos Mariños de Galicia, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Fogasa, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 1, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeneral da Seguridade Social e contra Recursos Mariños de Galicia, S.L., debo declarar e declaro a responsabilidade directa da mercantil Recursos Mariños de Galicia, S.L., no aboamento das prestacións derivadas do accidente de traballo sufrido por Beatriz Rodríguez Bazarra o 22 de setembro de 2009 e no aboamento das prestacións derivadas do accidente de traballo sufrido por Josefa García Silva, o día 30 de abril de 2010, e anticipadas por Mutual Midat Cyclops, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Recursos Mariños de Galicia, S.L. a reembolsar a Mutual Midat Cyclps o importe das cantidades por esta anticipadas en concepto de subsidio de IT, de gastos de asistencia sanitaria e gastos de desprazamento e indemnizacións por lesións permanentes non invalidantes, que ascenden a 8.940,53 euros, con responsabilidade subsidiaria do INSS, para caso de insolvencia da mercantil demandada e como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, limitada respecto das cantidades anticipadas por Mutual Midat Cyclps, en concepto de asistencia sanitaria e indemnizacións por lesións permanentes non invalidantes, que ascenden a 5.841,33 euros; condenando os demandados a estar e pasar polas devanditas declaracións e a que así o acaten e aboen; e absolvendo nesta instancia o Fogasa.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Recursos Marinos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

A secretaria xudicial