Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12213

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (903/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 903/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Rosario Sobrido Pando contra a empresa Limpiezas Secope, S.A., Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Por medio de escrito da parte María Rosario Sobrido Pando anunciouse recurso de suplicación en tempo e forma contra sentenza ditada nas presentes actuacións, e ao terse constatado que a pretensión da parte é conforme os requisitos e circunstancias contidos nos artigos 194 e 229 e seguintes da LXS, acordo polo presente:

– Ter por anunciado o recurso de suplicación.

– Poñer os autos á disposición do letrado Pedro Naveira Couceiro, designado por María Rosario Sobrido Pando para que se faga cargo deles e interpoña o recurso nos dez días seguintes ao da notificación da presente. Este prazo correrá calquera que sexa o momento en que recolla ou examine os autos postos á súa disposición. De non o efectuar así, terase a parte recorrente por desistida do recurso (artigo 195.1 da LXS).

– Requirir o devandito letrado/graduado social colexiado para que no seu escrito de formalización sinale un domicilio na localidade en que radica a sede do TSX (artigo 198 da LXS), e presente do devandito escrito tantas copias como partes.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos y Obras e Servicios Urbanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

A secretaria xudicial