Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (214/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 214/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dan Viorel Parvanovici contra José Luis Azcueta Uriarte, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

a) Declarar o executado José Luis Azcueta Uriarte en situación de insolvencia por importe de 4.312,63 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Azcueta Uriarte, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de marzo de 2015

A secretaria xudicial