Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12211

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (390/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento ordinario 390/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes Eidón Piñeiro contra Natalia González Alejos, Jesús Víctor Adsuar Fernández, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución é a que segue:

Que estimo a demanda interposta por Lourdes Eidón Piñeiro fronte á empresa Natalia González Alejos e Jesús Víctor Adsuar Fernández, e condeno os demandados a que aboen á demandante a cantidade de 2.696,29 euros, co 10 % de xuro por demora ex artigo 29.3 do ET, sobre as cantidades de natureza salarial.

Contra a presente resolución non cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 191.2.g da Lei reguladora da xurisdición social).

E para que sirva de notificación en legal forma a Natalia González Alejos, Jesús Víctor Adsuar Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de marzo de 2015

A secretaria xudicial