Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (430/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento ordinario 430/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Ríos Casas contra Jesús Víctor Adjuar Ferrández, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a que segue:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por José Antonio Ríos Casas fronte a Jesús Víctor Adjuar Ferrández e condeno o demandado a que aboe a aquel a cantidade de 1.046,12 euros, máis o 10 % de xuro por demora respecto das cantidades de carácter salarial.

Contra a presente resolución non cabe interpor recurso de suplicación ex artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Víctor Adjuar Ferrández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de marzo de 2015

A secretaria xudicial