Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (998/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 998/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Teresa Reborido López contra Moncho Antelo Instalaciones, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido estimar a demanda formulada por Teresa Reborido López contra a empresa Moncho Antelo Instalaciones, S.L. e condeno esta a lle aboar a cantidade de 982,80 euros, como principal e, ademais, 282,54 euros como xuros moratorios ata a presente sentenza.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo de que puider caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) LRXS, no caso de concorrer os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigacións de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Moncho Antelo Instalaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2015

O secretario xudicial