Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12204

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (282/2013).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio

No presente procedemento de xuízo verbal 282/2013 seguido por instancia de Ferreras Maxilofacial, S.L. fronte a Juan Guillermo Fernández López, ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Roberto Aba Veiga, en nome e representación de Ferreras Maxilofacial, S.L., debo condenar e condeno a Juan Guillermo Fernández López a aboar a aquela a cantidade de tres mil seiscentos cincuenta euros (3.650 euros) máis os xuros legais desde a interposición da demanda e ata o seu completo pagamento.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esa resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación desta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia pronúncioo, mándoo e asínoo. Carmen Castro Pérez. Asinado.

E encontrándose o devandito demandado, Juan Guillermo Fernández López, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 8 de abril de 2014

A secretaria xudicial