Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12206

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1096/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1096/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Caínzos García contra Copcisa, S.A., Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., Estructuras Técnicas Noreste, S.L., Ute Chuac (Isolux Corsan-Fcc Construcción, S.A., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

1. Que estimo a demanda formulada por Santiago Caínzos García contra Estructuras Técnicas Noreste, S.L., condenando a esta a aboar á parte demandante a cantidade de 408,92 euros de indemnización, e 48,12 euros como xuros moratorios ata esta sentenza.

Ademais, imponse a tal demandada a multa de 180 euros.

2. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6 inciso primeiro da LXS e artigo 33 ET.

3. Considérase que a parte demandante desiste fronte ás restantes demandadas, Copcisa, S.A., Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., Estructuras Técnicas Noreste, S.L., Ute Chuac (Isolux Corsan-Fcc Construcción, S.A.), sen prexuízo do cumprimento do acordo alcanzado na acta de conciliación.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3 b), d) ou e) da LRXS, no caso de concorreren os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas no artigo 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Técnicas Noreste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2015

O secretario xudicial