Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de marzo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado relativo aos expedientes 120/76 e 121/76.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial con data do 26 de febreiro de 2015, figura o acordo seguinte:

«Monte Serra de Peites (expediente 120/76), pertencente aos veciños do lugar de Peites, da parroquia de Peites, no municipio de Ribas de Sil, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 28 de novembro de 1977, e monte de Figueiredo (expediente 121/76), pertencente aos veciños do lugar de Figueiredo, da parroquia de Piñeira, no municipio de Ribas de Sil, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 28 de novembro de 1977. Con data do 22 de decembro de 2014, tivo entrada escrito asinado por Carlos López Álvarez, como presidente da xunta reitora do monte Serra de Peites, dando traslado dun acordo de deslindamento de avinza practicado entre estas comunidades, canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 24 de outubro de 2014 perante o Xulgado de Paz de Ribas de Sil; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no Xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, emite informe, con data do 27 de xaneiro de 2015, en que se especifican as modificacións da superficie que se producen como consecuencia da avinza, co que o monte Serra de Peites queda cunha superficie de 365,29 hectáreas, e o monte de Figueiredo, cunha superficie de 417,01 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda, aprobar o deslindamento por avinza practicado e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos».

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 4 de marzo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo