Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación Sindical Galega de Docentes por un Baremo Xusto.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar foron depositados os estatutos da Asociación Sindical Galega de Docentes por un Baremo Xusto, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á dita asociación sindical todos os profesores e profesoras do ensino publico que estean en contra do baremo do CXT 2013 dos corpos docentes, con independencia da súa ideoloxía, raza, sexo e condición social.

Asinan a acta de constitución: Rubén Álvarez Silva, Paloma Manzano González, Belén Sánchez Quintás e Laura Gómez González.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social