Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 65/2015, interposto contra a Orde do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2015.

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sección 1ª) oficio no que se comunica a interposición do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 65/2015, interposto por Ivac-Instituto de Certificación, S.L., contra a Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2015.

En consecuencia, esta Secretaría Xeral Técnica acorda nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar