Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 25 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da exposición pública do proxecto do decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para dar cumprimento ao disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro (DOG do 31 de decembro), de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon á disposición pública o proxecto do decreto polo que se establece o currículo de educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

As organizacións, as asociacións, a comunidade educativa e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto do decreto desde o día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o día 21 de abril de 2015.

Esas proposicións, suxestións ou recomendacións deberán realizarse por medio do documento denominado «modelo_alegacions_decreto.doc», dispoñible no Portal Educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que deberá remitirse ao enderezo de correo electrónico curriculos@edu.xunta.es, seguindo as instrucións que se indican no propio documento.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria