Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2015 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, convocado para adxudicar, polo sistema multicriterio, do servizo de limpeza e recollida de residuos dos portos dependentes da zona sur de Portos de Galicia, suxeito a regulación harmonizada (clave 6/2014/CNTSE).

Mediante Resolución do 9 de marzo de 2015, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada, con data do 26 de febreiro de 2015, pola Mesa de Contratación e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 151.3, do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG núm. 106, do 5 de xuño de 2014, correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, para a adxudicación do contrato suxeito a regulación harmonizada do servizo de limpeza e recollida de residuos dos portos dependentes da zona sur de Portos de Galicia, por falta de licitadores, ao declarar rexeitadas as dúas ofertas presentadas.

Contra a presente resolución poderase interpoñer, perante o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais da Administración xeral do Estado, recurso especial en materia de contratación, regulado nos artigos 40 e seguintes do TRLCSP, e recollido na cláusula 12.3 do PCAP, iniciándose o cómputo de prazos a partir do día seguinte ao da remisión da notificación aos licitadores.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia