Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 11 de marzo de 2015, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R002/5/2015.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 11 de marzo de 2015

Por vacante (artigo 12.3 do Decreto 184/2011; DOG nº 189, do 3 de outubro)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R002/5/2015.

Interesada: Ortelec Comunicaciones, S.L.

Acto notificado: inicio de expediente.