Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 26 de marzo de 2015 Páx. 12071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2015 pola que se fai pública a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes para a ocupación de locais destinados a oficinas para vendedorías e outros usos pesqueiros e complementarios aos pesqueiros na nova lonxa do porto de Ribeira.

Anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes para a ocupación de locais destinados a oficinas para vendedorías e outros usos pesqueiros e complementarios aos pesqueiros na nova lonxa do porto de Ribeira, que se rexerá polo prego de bases aprobado para os efectos, o cal se atopa á disposición dos interesados na sede central da entidade pública Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6, 15707 Santiago de Compostela, na oficina portuaria de Ribeira e na páxina web de Portos de Galicia: www.portosdegalicia.com.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día hábil seguinte ao da súa publicación. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións, que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia