Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (932/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 932/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Noya Castelao contra Edruan 2009, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza nº 54 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 932/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Lucía Noya Castelao, asistida pola letrada Natalia Erviti Álvarez contra Edruan 2009, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Edruan 2009, S.L. a pagar á demandante 5.363,57 euros de principal e 772,94 euros de xuros, así como ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante que se fixan na suma de 200 euros. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Edruan 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2015

A secretaria xudicial