Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de marzo de 2015, do Servizo de Mobilidade Lugo, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00004-O-2015 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Son informados de que teñen dereito a alegar por escrito, ante este servizo de mobilidade, o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 2 de marzo de 2015

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00004-O-2015

0410-DPL

Garda Civil 2702 U89694K

La Becada Sdad. Coop. Valenciana

F98233273

Pza. Juan XXIII, 2

46920 Mislata (Valencia)

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a doutros instrumentos ou medios de control que exista a obrigación de levar instalados no vehículo, co obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

17.12.2014; 00.15; A6; 493,0

Artigo 140.10 LOTT

Artigo 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-00037-O-2015

0224-FKV

Garda Civil 2702 U89694K

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa de Santa Lucía-Piñeiro do Eixo 56

15893 Santiago de Compostela (A Coruña)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

8.12.2014; 12.45; A6; 469,0

Artigo 140.35 LOTT

Artigo 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-00038-O-2015

3337-CPM

Garda Civil 2701 N03815F

Logiscat, S.C.C.L.

F63472278

R/ Bogatell, 00010

08930 Sant Adrià de Besòs

(Barcelona)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

17.12.2014; 17.50; A6; 497,0

Artigo 140.35 LOTT

Artigo 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-00097-O-2015

O-4699-BV

Garda Civil 1525 P11649Z

Matadero de Jarrio, S.L.

B27417468

San Martiño, s/n

27850 Viveiro (Lugo)

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado o falseado.

2.12.2014; 11.15; N-634; 570,8

Artigo 141.21 LOTT

Artigo 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-00269-O-2015

6625-JBY

Garda Civil 2704 I64330I

Rosiatur, S.L.

B54742788

R/ Gasset y Artime, 29, 5 C

03699 Alicante

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como transportista ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos quince días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

17.1.2015; 12.25; AG-64; 55,9

Artigo 142.1 LOTT

Artigo 143.1.c) LOTT

301 euros

LU-02706-O-2014

2038-FXH

Garda Civil 2703 X50746J

Samper Martínez, José Ramón

38821104W

R/ Mallorca, 29

08380 Malgrat de Mar (Barcelona)

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

5.11.2014; 9.08; A6; 529,0

Artigo 141.24.4 LOTT

Artigo 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-02748-O-2014

1673-BBJ

Garda Civil 1525 P11649Z

Transportes Oza, S.L.

B15151863

Estrada de Razo, km 3, nº 20

15107 Carballo (A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

4.11.2014; 12.59; A6; 535,0

Artigo 140.1 LOTT

Artigo 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-02752-O-2014

7055-GRG

Garda Civil 2700 T95526U

Dolores Pereira Tajes

76360227C

Vilanova, s/n

15270 Cee (A Coruña)

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.11.2014; 15.00; LU-546; 33

Artigo 140.1 LOTT.

Artigo 141.25 LOTT

Artigo 143.1.k) LOTT.

Artigo 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-02797-O-2014

1673-BBJ

Garda Civil 1525 P11649Z

Transportes Oza S.L.

B15151863

Estrada de Razo, km 3, nº 20

15107 Carballo (A Coruña)

A utilización do tacógrafo sen ter realizado a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e na forma establecidos.

4.11.2014; 12.59; A6; 535,0

Artigo 140.34 LOTT

Artigo 143.1.g) LOTT

1.001 euros