Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de información pública sobre o Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal.

Aprobado inicialmente o Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal coa finalidade de emendar erros na actual cartografía, actualizar a definición da vía existente e revisar as aliñacións da rede viaria no núcleo de Paizal, por Acordo da Xunta de Goberno Local do día 5 de novembro de 2014, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde esta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas nos terreos situados dentro da delimitación realizada no Plan xeral de ordenación municipal do núcleo rural de Paizal (Dodro).

Dodro, 13 de marzo de 2015

Valentín Alfonsín Somoza
Alcalde