Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dodro

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do 13 de marzo de 2015, o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial, de conformidade cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A área afectada pola suspensión é dun ámbito de 20.717 metros cadrados localizado entre os núcleos de Tallós e Vigo, a carón da estrada autonómica AC-305, delimitado nos planos do documento.

Dodro, 13 de marzo de 2015

Valentín Alfonsín Somoza
Alcalde