Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11686

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, quenda de promoción interna, de sete prazas de cabo de bombeiros da Administración especial.

No BOP núm. 25, do día 6 de febreiro de 2015, publicáronse as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión en propiedade, quenda de promoción interna, de sete prazas de cabo de bombeiros da Administración especial, grupo clasificatorio C2.

A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 9 de marzo de 2015

José Manuel Rey Varela
Alcalde