Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11408

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2015 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes, pola quenda de acceso libre, para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de diplomado/a en enfermaría, grupo II, desta universidade.

Mediante Resolución reitoral do 10 de novembro de 2014 (DOG do 19 de novembro e BOE do 4 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional diplomado/a en enfermaría, grupo II, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante Resolución reitoral do 27 de xaneiro de 2015 (DOG do 11 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 28 de abril de 2015, ás 11.00 horas, na aula 4 da Facultade de Física, Campus Vida (rúa Xosé María Suárez Núñez, s/n, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realice o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela