Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11406

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015 pola que se aproba e publica a composición do órgano de selección (comisión de valoración) no proceso de selección para a cobertura do posto de director/a do Centro Galego de Arte Contemporánea.

En virtude do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, e de acordo co establecido na base oitava da convocatoria publicada por Orde do 25 de setembro de 2014, pola que se convoca a provisión do posto de director/a do Centro Galego de Arte Contemporánea (DOG núm. 191, do 7 de outubro),

Resolvo:

Primeiro. Nomear os membros do órgano de selección (comisión de valoración) que deberá valorar os méritos alegados e acreditados polos candidatos presentados ao proceso de selección para a cobertura do posto de director/a do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Composición do órgano de selección (comisión de valoración) para a cobertura
do posto de director/a do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Presidente: Antón Pulido Novoa.

Presidente suplente: Carlos Rosón Gasalla.

Secretaria: María José Fuentes García, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Secretaria suplente: Cristina Fabeiro Varela, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

José Manuel García Iglesias

Antón Castro Fernández

María de Corral López-Doriga

Estrella de Diego Otero