Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11405

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de marzo de 2015 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas.

Unha vez presentada a renuncia dun dos vogais suplentes do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Tomás Nogueiras Nieto como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de minas.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a Nuria Salgado Domínguez, funcionaria do corpo superior de administración da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda