Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11404

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de marzo de 2015 pola que se exclúe un aspirante admitido ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013.

En virtude da Resolución do 21 de febreiro de 2014 (DOG núm. 51 do 14 de marzo), aprobáronse e fixéronse públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais.

Unha vez advertido que un aspirante incluído como admitido con carácter definitivo na dita resolución non cumpría o requisito de estar en posesión ou en condicións de obter no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o permiso de conducir da modalidade A2 exixido na Orde do 11 de outubro de 2013 para participar no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír o aspirante Rubén Bertholet Zamora, con DNI 04620217 T, do proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes facultativos ambientais, convocado pola Orde do 11 de outubro de 2013 (DOG núm. 199, do 17 de outubro).

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda