Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 23 de marzo de 2015 Páx. 11410

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3679/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3679/2013, seguido por instancia de Rubén Alberto Álvarez Celedonia contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Argrove, S.L., Mutua Universal Mugenat, sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que debemos inadmitir a trámite o recurso de suplicación interposto por Rubén Alberto Álvarez Celedonia contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, do 3 de xuño de 2013, cuxa firmeza se declara.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Argrove, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido no polígono de Icaria; rúa Zeus, nave 9, Perillo-Oleiros (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial