Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (837/2011).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 837/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago González Barreiro contra Alvemaga, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Santiago González Barreiro, contra Alvemaga, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demadante a suma de 3.792,39 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade, e condeno a Antonio Blanco Grerores na súa única condición de administrador concursal de Alvemaga, S.L. a avirse ao devandito pronunciamento coas consecuencias legais inherentes a este.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá estarse ao que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alvemaga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial