Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (9/2015).

Execución de títulos xudiciais 9/2015

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 493/2014

Sobre despedimento

Demandante: Philipp Lukas Frommenwiler

Avogado: José Ignacio Lorenzo Rubín

Demandado: Activ Solar Energietechnik GmbH

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 9/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Philip Lukas Frommenwiler contra a empresa Activ Solar Energietechnik GmbH, sobre reclamación de cantidade, se ditou auto o 25 de febreiro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Philipp Lukas Frommenwiler coa empresa Activ Solar Energietechnik GmbH e condénase esta a que aboe ao executante a cantidade de 37.472,83 euros en concepto de indemnización e 46.332,84 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que en caso de non dar cumprimento á presente resolución continuará a presente como execución pecuniaria, polo importe total de 83.805,67 euros incrementados con 8.380,57 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Activ Solar Energietechnik GmbH, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial