Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (236/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 236/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Denis Rodríguez Gutiérrez contra a empresa ESEU 24, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Sentenza: 99/2015.

Nº de autos: 236/2012.

Na cidade da Coruña, vinte de febreiro de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Denis Rodríguez Gutiérrez, que comparece asistida da letrada Gloria Otero González e doutra como demandado ESEU 24, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, non comparecen malia estar citados en legal forma.

En nome do Rei ditouse a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Feitos probados:

Primeiro. O/a demandante Denis Rodríguez Gutiérrez vén prestando os seus servizos para a empresa ESEU 24, S.L. coa antigüidade, categoría e salario que se expón no feito 1º da demanda, que se dá por reproducido.

Segundo. Reclama polos conceptos e cantidades que se expoñen no feito 1º da demanda, que se dá por reproducido, ascendendo a reclamación á cantidade de 590 euros.

Terceiro. Celebrouse acto de conciliación ante o SMAC o día 23.1.2012 co resultado de «sen efecto».

Fundamentos de dereito:

Único. Que sen comparecer a empresa demandada citada en legal forma aos actos de conciliación e xuízo, de acordo co disposto no artigo 91.2 LRJS, procede tela por confesa cos feitos da demanda, e en consecuencia, declarar que debe aos demandantes as cantidades e polos conceptos que se especifican na demanda, a cuxo aboamento debe ser condenada a devandita empresa demandada.

Vistos os preceptos legais de pertinente aplicación.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta polo/a demandante Denis Rodríguez Gutiérrez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno á empresa ESEU 24, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 590 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros do 10 % por demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe polo maxistrado xuíz se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a ESEU 24, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 23 de febreiro de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial