Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10481

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

CÉDULA de notificación de sentenza (DSP 225/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no 20 de novembro de 2014 foi ditada sentenza no procedemento DSP 225/14 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 617/14.

Na Coruña, vinte de novembro de dous mil catorce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 225/2014 seguidos por instancia de Guadalupe Martínez Domínguez, asistida pola letrada Margarita Lamela Touzas, contra as empresas Zintura, S.A. representada pola letrada Ana Mª Costoya Novo, Linea Future Avance, S.L. que non comparece, administrador concursal desta última, Isaías González García, e Fogasa, que non comparece, sobre despedimento.

Debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto, e condeno a empresa Linea Futurex Avance, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante, aboando os salarios de tramitación desde a data de despedimento ata a notificación da presente a razón de 33,07 euros diarios, ou o aboamento dunha indemnización de 2.364,50 euros, cantidade da que debe responder na súa condición de administrador concursal Isaías González García.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Linea Futurex Avance, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas ou autos.

A Coruña, 23 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial