Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (45/2015).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 45/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Manuel Costoya Caamaño contra Taya Diseño, S.L., Vasse Cocina y Baño, S.L. sobre despedimento, se ditou resolución cuxa parte dispositiva dispón:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza nº 431/14 ditada con data do 5.12.2014 no procedemento de despedimento (resolución de contrato e cantidade) seguido ante este xulgado co número de autos 272/14 e ao que posteriormente se acumulou o procedemento de despedimento rexistrado ante este xulgado co número de autos 290/14 a favor da parte executante, Ángel Manuel Costoya Caamaño, fronte a Taya Diseño, S.L. e Vasse Cocina y Baño, S.L., partes executadas solidarias, por importe de 23.071,35 euros de principal (correspondendo 4.664,18 euros aos salarios, 17.519,81 euros á indemnización e 887,36 euros ao xuro de mora procesual do 10 %) e de 2.316,85 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

– Requirir a Taya Diseño, S.L., Vasse Cocina y Baño, S.L., co fin de que no prazo de 10 días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Taya Diseño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtaselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial