Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10489

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (980/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 980/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Sampedro Fernández contra Limpiezas Secope, S.A., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza número 32 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal:

Sentenza.

En Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2015.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 980/2014 seguidos por instancia de Ana María Sampedro Fernández, representada e asistida polo letrado Sr. Méndez Torres, contra a entidade Limpiezas Secope, S.A. que non comparece malia estar debidamente citada e contra Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual.

Decido que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Ana María Sampedro Fernández contra a entidade Limpiezas Secope, S.A. e Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada Limpiezas Secope, S.A. extinguindo a relación laboral na data da sentenza, condenando a demandada ao aboamento da cantidade de 14.809,34 euros en concepto de indemnización (ao non ser posible a readmisión por peche da empresa).

Condeno a empresa demandada a que aboe á traballadora os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 41,08 €/día, o que dá a cantidade de 5.176,08 euros.

Condeno a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante, que se fixan na suma de 200 euros.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial