Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Venres, 13 de marzo de 2015 Páx. 10491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (733/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 733/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Liliana Bogado Silva contra Araceli Iglesias Nalgo e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 31 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 17 de febreiro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 733/2013, promovidos ante este xulgado do social, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Laura Liliana Bogado Silva, asistida polo letrado José María Penabad Otero, contra Araceli Iglesias Nalgo e o Fogasa, que non comparecen, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Laura Liliana Bogado Silva contra Araceli Iglesias Nalgo e, en consecuencia, condeno esta última a aboar á demandante 2.177,56 euros en concepto de principal e 305,08 euros en concepto de xuros. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Araceli Iglesias Nalgo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial