Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1354/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que con data do 9.2.2015 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 86/2015.

A Coruña, 9 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1354/2013 seguidos por instancia de Mónica Mundiña Muíños, contra a empresaria individual Beatriz López Nieto, que non comparece, sobre reclamación de cantidade –salarios–.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Mónica Mundiña Muíños contra a empresaria individual Beatriz López Nieto e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Beatriz López Nieto a que lle aboe á demandante a cantidade de 600 euros brutos polos salarios devindicados entre o 27 de agosto e o 14 de setembro de 2013, incrementados co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Beatriz López Nieto, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 12 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial