Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1360/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que con data do 11.2.2015 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza:

A Coruña, 11 de febreiro de 2015.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 1360/2013 seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Costrucción, representado polo letrado Jesús Ángel Rodríguez Ferreiro, contra a entidade Construcciones Ralca, S.L., que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo a Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Construcciones Ralca, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Construcciones Ralca, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 751,54 euros solicitada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Construcciones Ralca, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial